A orquestra Acordes arrufará as festas do San Xurxo

A orquestra Acordes arrufará as festas do San Xurxo
17 de Abril, 2019 - 10:08 h. | Publicada por Radio Fene

As festas de San Xurxo de Magalofes faránse este ano no interior do local social. A parroquia aceptouno porque dese xeito resultan máis económicas. Afórrase a contratación dunha carpa para o campo da festa.

Interior do local da Asociación Veciñal de Magalofes

Se foran outros tempos sería pecado. Facer as festas patronais en plena semana santa non se concebía e aínda algo inflúen porque en Magalofes (que é o caso) no que o San Xurxo coincide a nediados de abril, algunha vez cadra na semana santa, como ocurre este ano. Por ese motivo non se pode celebrar a misa o sabado vinte porque é sabado santo. Pero as festas fanse o 20 e 21 deste mes. O programa é o típico do patrón: gaiteiros, sesión vermú e verbena. A novidade é que non hai carpa este ano porque Magalofes é un lugar pequeno “cada vez hai menos xente e as festas custan máis caras” segundo resume o presidente da Asociación Veciñal de Magalofes, Manuel Pico.

Sesión vermú e verbena estárán a menizadas o sabado pola orquestra Acordes e o domingo por Maracuyá. O domingo ás 13h celebrase a misa solemne cantada polo coro parroquial de San Martiño. A Asociación Veciñal de Magalofes encárgase de organizar os festexos que amenizarán pola mañá un grupo de gaiteiros.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora