As orquestras Filadelphia e Montes arrufarán a festa de fin de ano en Narón

As orquestras Filadelphia e Montes arrufarán a festa de fin de ano en Narón

28 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Un  orzamento de 55 mil euros destina o Concello de Narón ao  programa de festas de nadal. Unha programación cun amplo abano de actividades gratuítas para todos os públicos e idades que se centralizan na Praza de Galicia, onde se desenvolven festas infantís, a festa de fin de ano e a visita dos Reis Magos.

O programa navideño de Narón contempla tres eventos diferenciados. Os festivais infantís ata este mércores 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro, a Festa de fin de ano e o recibimento aos reis Magos o 4 de xaneiro. 

Cunha festa infantil con inchables e karaoke continúan esta tarde as actividades de nadal para os máis pequenos da casa. Mañá martes, nenos e nenas poderán desfrutar do cine e de diversas atraccións. O grupo infantil diver Show arrufará o festival infantil que se desenvolverá pasadomañá mércores. Todas as actividades destes tres días levaranse a cabo na Praza de Galicia de catro a sete da tarde. 

Unha carpa climatizada acollerá a celebración da noite de fin de ano. Os Naroneses/as recibirán o 2010 coa música das orquestras Filadelphia e Montes.  O 2 e o 3 de xaneiro retómanse as actividades infantís. O primeiro día de catro a sete da tarde haberá karaoke infantil e cine e ao día seguinte, no mesmo horario, tocaralle a quenda aos obradoiros de malabares e manualidades, maquillaxes e globoflexia.

Os Reis Magos adiantaranse un día na súa visita a Narón . O vindeiro luns, 4 de xaneiro, ás cinco da tarde, chegarán as súas maxestades de Oriente para ledicia dos raparigos que poderán gozar de atraccións hinchables e reparto de caramelos. 

Ademais durantes todos estes días de festexos a ONG Lena dispón dun posto de venda de agasallos artesáns. 

Sociedade