Os “fachós”, unha festa con máis de 250 anos de historia

Os “fachós”, unha festa con máis de 250 anos de historia

13 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Castro Caldelas celebrará o vindeiro 19 de xaneiro outra nova edición da Festa dos Fachós, cuxa orixe está datada no ano 1753. Repartiranse máis de 4.000 chourizos, 500 litros de viño e haberá uns 400 fachóns, entre eles o fachón grande que mide máis de 30 metros e que portan até 30 persoas. O festexo bota andar no lusco e fusco do día 19, cando os veciños cargados cos feixes de palla a xeito de antorcha, vanse concen

A orixe desta festa non é clara. Abundas as máis diversas explicacións e lenda. Así, dise que o desfile reproduce o que os cristiáns realizaron, tamén de noite e con fachós, na procura do mártir San Sebastián. Outra teoría relacionada con este santo, teoría documentada nos libros da parroquia, di que ante un episodio de peste os veciños reuníronse en concello para buscar unha solución e foi cando ao invocar o santo se lles ocorreu a idea de recorrer a vila e queimar as pertenzas dos apestados,  acabando así co andazo polo que se ofreceron a declarar a San Sebastián partono da vila.

Vicente Risco, coñecedor das lendas de Castro Caldelas, onde a súa familia tiña una casa, vincula a orixe a ritos celtas de culto ao sol, astro que no inverno perdía forza e estas fogueiras servían para que a recuperara. O feito é que a pesar do incerto da súa orixe a festa está documentada dende o ano 1753.

Ata hai uns anos os veciños acudían con cadanseu fachón. Na actualidade, ante a falta de palla mallada víronse na obriga de realizaren eles mesmo a semente, sega e malla ao xeito tradicional para que así servira para facer os fachós. Debido a que este ano a festa coincide a sábado esperase unha afluencia moito maior que a de outros anos.

Sociedade