Os 130 anos da UXT

A mostra itinerante chega a Ferrol. Poderá verse en Exponav desde hoxe.
13 de Xuño, 2019 - 02:00 h. | Publicada por Radio Fene

A mostra sobre a historia da UXT "130 anos de loita e conquistas" chega á cidade onde empezou todo coa súa fundación por parte de Pablo Iglesias. Os secretarios xerais de Ferrol e Galicia asisten ao acto previsto para ás 17.00 horas.

A UXT inaugura hoxe en Ferrol a exposición “130 anos de loita e conquistas”. Conmemora así o aniversario do sindicato fundado en Ferrol por Pablo Iglesias. Abre as portas ás cinco da tarde no Museo da Construcción Naval, Exponav, no edificio de Herrerías. Tratase dunha mostra itinerante que arrancou en Barcelona o pasado 12 de agosto.

A mostra conta con 14 paneis históricos e 6 temáticos que percorren os periodos máis significativos da traxectoria da UGT. Vese o fdinal do século XIX, a dictadura de Primo de Rivera, a II República, a Guerra Civil, o exilio da dictatura franquista e a legalización do sindicato. Acaba na crise e na recuperación dos dereitos laborais.

A mostra poderá verse de martes a domingo, de 10.00 a 20.00horas. No acto de inauguración estarán os secretarios local e galego da UXT, así como a secretaria local da agrupacion socialista, Beatriz Sestayo.

(Na imaxe, concentración en lembranza dos sucesos do 10 de marzo de 1972 en Ferrol)

Sociedade

Publica o teu comentario agora