Os 18 becarios de Lug02 parten a Europa

Os 18 becarios de Lug02 parten a Europa

21 de Xaneiro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, despediu este venres no aeroporto coruñés de Alvedro ós xóvenes beneficiarios das primeiras becas Lug02 que partiron ás 6 cidades europeas nas que, durante 4 meses, adquirirán experiencia profesional especializada a custe cero. O organismo provincial asume todos os custes: viaxes de ida e volta, aloxamento, manutención, así como os gastos dos organismo de acollida na cid

Durante as dúas primeiras semanas de estancia, os bolseiros recibirán un curso de inglés co fin de adquirir maior fluidez no uso do idioma, ó tempo que realizarán varias entrevistas de traballo para seguidamente, comezar coas prácticas durante 14 semanas na entidade que máis se axeito ó seu perfil académico. Asimesmo, terán a oportunidade de asistir a diversas actividades culturais para familiarizarse coa cidade. En todo momento, contarán co asesoramento da Deputación.

Oportunidades económicas

Estas primeiras becas enmárcanse dentro do programa Lug02,  dotado de 5 millóns de euros -cofinanciado nun 70% con fondos da Unión Europea e nun 30% polo organismo provincial-, posto en marcha dentro da aposta polo medioambiente, “a nosa oportunidade económica”, co obxectivo de xerar riqueza na provincia mediante a posta en valor das 3 Reservas da Biosfera e O Courel.   

Esta iniciativa, que conta cun presuposto de 950.000 euros, busca crear novos postos de traballo e oportunidades económicas, ó tempo que facer fronte ó despoboamento demográfico que sufre a provincia, ofrecendo os novos profesionais lucenses unha formación especializada en materia medioambiental moi práctica no mercado laboral da provincia. Deste xeito, todos os beneficiados son mozos de Lugo titulados dende o 2007 en enxeñerías, licenciaturas ou diplomaturas relacionadas coa economía verde, tales como Ciencias Ambientais, Ciencias do Mar, Bioloxía, Industriais, Agrónomos, Química, Minas ou Turismo. 

Da mesma forma, logo do período de prácticas nas empresas de Europa con maior proxección nas que se están empregando innovadoras técnicas medioambientais, durante 8 meses, terán a oportunidade de pór en práctica os coñecementos adquiridos como bolseiros en entidades das 3 Reservas da Biosfera e O Courel nas que a maiores, recibirán 1.000 euros ó mes. Posteriormente, poderán facelo como emprendedores nunha provincia 100% medioambiental, onde o 55% da súa superficie é Reserva da Biosfera avalada pola UNESCO, e que conta con máis de 100 quilómetros de costa e con 800 quilómetros de Camiños de peregrinación.

Sociedade