Os 20 anos en 24 horas de Radio Eume

Os 20 anos en 24 horas de Radio Eume

11 de Novembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Dende as 0 horas e ata as 24 horas deste mércores, Radio Eume, a emisora municipal de As Pontes realiza un programa especial conmemorativo dos seus 20 anos de vida. Bótase a vista atrás en dúas décadas e lémbrase como era a localidade mineira da provincia da Coruña naquel lonxano 1989.

O 11 de novembro de 1989 empezaba as emisións a radio local que adoptaba o nome de Radio Eume. Naquela primeira plantilla Fina Blanco era a directora, Xosé Mª Cendán redactor- locutor, e Pablo Paz técnico de son. Con estes traballadores en plantilla cordenouse unha marea de colaboradores que levaban xa meses aportando o seu traballo desinteresado a un medio de comunicación local que tivera emisións en proba dende o Instituto daquela de FP, e dende un domicílio privado. Hai 20 anos a radio comezaba con programación exclusivamente matinal, entre as dez e as dúas, entrando cunha sintonía, e pechando de novo quedando cortada a emisión no 107-1, que foi onde principiou ubicada no dial. De camiño se pasou a comezar as emisións de tarde, e logo viñeron as etapas en que se completou a programación con EFE Radio, antes de que os avantes tecnolóxicos permitiran mecanizar a emisión, e pasar a manter a ocupación do dial as 24 horas.

Precisamente ese tempo de 24 horas é o que se adica a lembrar esta data de celebración para unha vila que estivo entre as pioneiras en optar polos medios de comunicación de proximidade. Un programa especial de 24 horas no que se recuperarán as voces dos inícios, dentro dunha completa viaxe no tempo ata dúas décadas atrás, para recuperar como eran As Pontes e o mundo no 1989, emitirase ó longo de todo este 11 de novembro. Un día cheo de solpresas econvidados que se estableceu como de portas abertas para recibir a tod@s s que queiran achegarse pola radio do pobo.Nestes 20 anos a radio estivo presente na vida do pobo converténdose na voz, e no voceiro dos veciños, e ofreceu un servizo que logo se veu complementar coa Televisión local, pero esa xa é outra historia.

Sociedade