Os alumnos da Escola Obradoiro poñen en práctica os seus coñecementos

Os alumnos da Escola Obradoiro poñen en práctica os seus coñecementos

16 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A 5ª edición da escola obradoiro de Fene ven de comezar a segunda fase do seu proxecto. Os 26 alumnos cos que contan están a poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas clases teóricas e para iso están a facer diferentes actuacións no Parque Castelao.

A escola imparte cursos de albanelería, carpintería e xardinería. Os alumnos de albanelería e xardinería comezaron a traballar nesas obras nas que están abrindo zanxas, procederon á canalización e ao drenaxe das zonas axardinadas, entre outras modificacións. Os carpinteiros aínda están no taller á espera de que os albaneis lles dean paso. A directora do obradoiro, Ubelina Gómez, suliñou que éun proxecto moi bonito e moi interesante para o Concello, xa que vai quedar unha zona verde de 6.000 metros cadrados para os veciños. Ese espazo de esparcemento está composta por círculos chamados planetas, que terán unha temática diferente cada un deles.

Ademais, a mestra da escola, Mercedes Berez,e tres alumnos salientaron o bo ambiente que hai no obradoiro e que é unha moi boa experiencia, na que aprenden á vez que comezan a configurar o seu futuro laboral.

Sociedade