Os amantes da natureza no raid de aventura

Os amantes da natureza no raid de aventura

07 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O vindeiro 15 de maio o Clube Seo, co patrocinio do Concello de Ordes, organizará o III Raid de Aventura Concello de Ordes, segunda proba puntuable para o Campionato Galego de Raids de Aventura. Será unha proba multidisciplinar na que os “raiders” terán que completar seccións de BTT, treking e kaiak, ademais de probas especiais como tirolina, rappel e tiro con arco.

O raid de aventura é unha especialidade deportiva que comenzou a practicarse en España a principios dos 90 e que nos últimos anos está a experimentar un vertixinoso crecemento. É un deporte multidisciplinar apto para todos os amantes dos deportes de natureza e aire libre consistente en atopar coa axuda de mapa e brúxula, unha serie de puntos “balizas” situados pola organización en zonas de monte ou campo aberto. Os raids divídense en seccións, en cada unha das cales os corredores deberán desplazarse básicamente, correndo, en bici ou en kaiak, aínda que tamén pode haber seccións de patíns en liña, natación, espeleoloxía, escalada, etcétera.
Compítese en dúas categorías, élite, composta por equipos de tres corredores sempre en carreira, e aventura na que dous compoñentes corren e un descansa ata a seguinte sección na que releva a un compañeiro.

Para esta nova edición do Raid de Aventura Concello de Ordes, dende a organización, esperan unha participación récord de equipos, xa que na primeira proba celebrada en Paderne o 11 de abril o número de equipos inscritos ascendeu a 56 entre élite e aventura.

Para máis información pode consultarse a web do clube www.clubseo.es

Sociedade