ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O grupo aragonés Mallacán pecha esta noite o cartel do Festival Irmandiño de Moeche. Ocasión única para ver e escoitar a este grupo singular que actua a Galicia por primeira vez. Desde o a sua primeira maqueta “Entalto la reboluzion” –“Arriba la revolución”- ata o ultimo disco recén editado “ Mar de suenios” hai un sinal de identidade, a utilización da sua língua aragonesa , e outro aínda, a
A discografía de Mallacán remata, de momento, en “ Mar de suenios” do que esta noite soarán varios temas, pero o repertorio incluirá temas de traballos anteriores como “Chera, chera” (2002), “País zierzo” (2005).Viaxaron pola noite de Aragón a Galicia, ilusionados, segundo declaracións do cantante de Mallacán, Fernando, porque é a primeira vez que tocan no noso país. As referencias musicais que teñen de Galicia pasan por Milladoiro, Resentidos, Luar na Lubre, Ruxe ruxe ou Os Diplomáticos de Montealto. Despois de descansar en Moeche esta mañán, trasladaranse a Ferrol para saudar aos seus colegas, Violadores del Verso, que actuan esta mesma noite nas Festas de Verán de Ferrol.
“Mar de suenios” é o traballo máis maduro da sua traxectoria, o más contundente e cunha producción e arranxos do máis alto nivel.
Grabado por R de Rumba e Marcos “Kulebra” (Violadores del verso), nos “Rap solo studios” de Zaragoza, dos 14 temas emanan ritmos jamaicanos, bailables que se complementan co rock americano máis contundente, todo isto cos instrumentos propios da terra aragonesa, como la gaita de boto, que dota á banda de un cálido son propio, así como o acordeón.
O sitio de Moeche será o escenario ideal para escoitalos e velos , como uns irmandiños máis.