ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Los Argonautas, de Maggie Nelson, nova entrega de Noel Blanco no noso espazo para a lectura. Un libro autobiográfico que rompe coa idea que temos de xénero literario.
Semella que nos EEUU practícase ultimamente a literatura denominada de “memoire” que consiste nunha autobiografía que rompe cos xéneros e mestúrase con erudición, poesía ou narrativa. Iso fai Maggie Nelson no seu libro “Los Argonautas” onde narra eventos da súa vida, a súa experiencia vital para daí tirar conclusións universais. En palabras do mugardés Noel Blanco, profesor na Universidade de Chigago, a autora transmítenos unha idea, que a vida non é algo lineal, que non ten porque axustarse a patróns convencionais senón que pode estar nun fluxo permanente e que os cambios non teñen porque ser algo malo.
Un dos fíos condutores do libro é a relación de Maggie Nelson coa súa parella, o escultor Harry Dogde, un artista transxénero. Casan, teñen un fillo a través dun durísimo tratamento de fertilidade. Todas esas vivencias fan que ela cambie. Todos os acontecementos e todos os cambios alteran a visión que tiña de todo. “ A lección é que non hai lección” asegura Noel Blanco quen nos presenta un libro "cortiño e precioso" no que se nota que ela é poeta nos momentos mais confesionais. Iso axuda a que o libro non resulte algo egocéntrico senón cheo de sensacións para o lector a quen involucra facéndoo experimentar con ela.
(Na imaxe, Noel Blanco)
Publica o teu comentario agora