Os arzuáns deberán deixar constancia no Concello das fogueiras de San Xoán

Os arzuáns deberán deixar constancia no Concello das fogueiras de San Xoán

14 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

O Concello de Arzúa xa ten aberto o prazo para que as persoas que vaian facer unha fogueira na máxica noite de San Xoán, o próximo día 23 de xuño, deixen os seus datos nas oficinas da Secretaría de Alcaldía co fin de elaborar unha relación das luminarias que se farán nesa data; as persoas que se inscr

Próximos xa á data da celebración da noite máis curta do ano na que o noso país se enche de luminarias, a Alcaldía do Concello de Arzúa vén de publicar, ademais, un bando municipal no fai constar unha serie de medidas que os veciños deben de ter en conta á hora de poñerse a facer a

correspondente luminaria. Así por exemplo, indícase que as cacharelas se deben situar en lugares despexados de masas arbóreas e edificacións; nunca sobre vías pavimentadas ou terreos enlousados xa que provocan a degradación e deterioro do solo. Tamén é preciso mantelas lonxe de lugares onde se almacenen produtos inflamables e, dende logo, evitar a súa situación debaixo de tendidos eléctricos ou telefónicos.

Ao respecto das dimensións da fogueira, é preciso que esta teña un tamaño razoable; o volume de combustible na luminaria non debe superar en ningún caso os 8 metros de perímetro nin os 3 de altura e a separación das fogueiras cos edificios e as árbores será como mínimo de 12 metros,

para evitar calquera posible propagación do lume.

Debe evitarse a queima de neumáticos, plásticos, escumas de poliuretano, aceites e, en xeral, calquera substancia que desprenda fume tóxico ao arder. Seguridade e coidado do medio ambiente, ante todo.

Recoméndase non achegarse ao lume baixo os efectos do alcol ou de calquera substancia que limite ou anule a percepción consciente da realidade. É aconsellable tamén ter vixiados aos nenos e nenas para que permanezan a unha distancia prudente da fogueira.

Dende o Concello recomendan ter á man algún sistema de extinción (mangueiras, extintores ou mecanismos de bombeo) con capacidade suficiente para limitar o alcance das lapas ou, para apagar a cacharela de forma inmediata diante de calquera emerxencia.

Ao rematar a cacharela e antes de abandonar o lugar, os veciños deben coidar de que o pavimento quede no mesmo estado que se encontraba antes de comezar o lume e asegurarse de que non quede ningún rescoldo aceso.

O feito de que deban anotarse no Concello os lumes que se teña pensado preparar para esa noite ten por obxecto levar un control de seguridade sobre os mesmos e poder previr así calquera situación de perigo co lume.

Deste xeito as persoas que queiran facer unha luminaria en San Xoán, ben nas parroquias de Arzúa ou ben na vila, deben deixar constancia dos seus datos no Concello xunto coa localización prevista para a cacharela ata o propio día 23 de xuño pola mañá. O Concello de Arzúa remitirá ao Distrito Forestal, dependente da Dirección Xeral de Montes, a relación dos puntos de localización das fogueiras, para que esta entidade, competente na materia, coñeza cales son as luminarias previstas para esa noite no termo municipal de Arzúa; tamén o persoal de Protección Civil será informado

dos puntos exactos das luminarias e levará un control das mesmas.

Institucional