Os arzuáns degustarán este domingo o queixo máis grande do mundo

Os arzuáns degustarán este domingo o queixo máis grande do mundo

04 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Arzúa

Un grupo de persoas vinculadas á Asociación Cultural Nosa Señora do Carme de Arzúa decidiron hai uns meses elaborar un queixo dunha tonelada de peso, 1,8 metros de diámetro e 45 centímetros de altura. O resultado, o queixo máis grande do mundo dentro da súa categoría e forma circular. O obxectivo era impulsar e promover os excepcionais valores deste pro

O queixo máis grande do mundo elaborouse nas instalacións da Cooperativa La Arzuana, utilizando como ingredientes 8.000 litros de leite, 75 quilos de sal e 1,6 litros de callo, segundo comentou en Radiofusión un dos impulsores da iniciativa, José Manuel Vázquez. Agora toca saborealo na degustación e no xantar popular deste domingo que terán lugar no recinto multiusos Terra do Queixo; ademais de estar programados diversos actos na Praza da Vila e no Campo da Feira.

Sociedade