Os Ateneos galegos terán páxina web

O venres 8 de febreiro reúnense representantes dos Ateneos galegos en Marín
07 de Febreiro, 2019 - 01:23 h. | Publicada por Radio Fene

A nova xuntanza de Ateneos de Galicia en Marín servirá, entre outoras cousas, para estudar a petición de subvencións conxuntamente.

Na xuntanza inicial mantida a iniciativa do Ateneo de Santiago asinouse un “Convenio de colaboración entre os Ateneos de Galicia” Este venres á tarde os Ateneos de Galicia volverán reunirse tras os acordos acadados na pasada xuntanza, celebrada o 20 de xuño na cidade de Pontevedra. Nesta ocasión a quenda é para o Ateneo Santa Cecilia de Marín, que acollerá na súa cidade a membros das directivas dos Ateneos de Santiago, Ferrol, Vigo, Ourense e Pontevedra, nunha sesión de traballo que comezará ás 16.30 horas no telecentro da biblioteca municipal de Marín. Entre os puntos da orde do día que se tratarán están as relacións e comunicación entre os distintos Ateneos coa creación dunha páxina web e un logotipo, as posibilidades de acceso conxunto a subvencións das Administracións Públicas e o intercambio de experiencias e actividades.

Cultura

Publica o teu comentario agora