Os barrios de acolá

Pescudando a Habana galega
14 de Novembro, 2019 - 12:22 h. | Publicada por Radiofusión

A Habana galega será un dos roteiros que se poderá realizar pola capital de Cuba dentro do seu programa “Rutas e andares”. Estará dispoñible para cidadáns cubanos pero tamén para visitantes procedentes de Galicia. Traballan na súa preparación un grupo de estudantes de Turismo coordenados pola profesora da Universidade da Habana e directora da cátedra de Cultura Galega Arantxa Fernández Crespo.

ESCOITA O PODCAST:
Arantxa Fernández Crespo conversa con Henrique Sanfiz

O obxectivo da cátedra é a promoción das investigacións da relación entre a cultura galega e a cubana. Tamén axudar aos investigadores e impartir na Facultade de Letras da Habana clases de cultura, lingua e literatura galega. A cultura, o patrimonio, o románico, o Camiño de Santiago son algunhas das liñas que atende na actualidade a cátedra dirixida por Fernández Crespo.

Cultura

Publica o teu comentario agora