Os Bolechas queren saber como é un porto

Os Bolechas queren saber como é un porto

15 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

A Consellería do Mar presentou esta mañá no Centro de Educación Infantil e Primaria de Carnota o libro “Os Bolechas queren saber como é un porto” dirixido aos máis pequenos co obxectivo de que coñezan como son os portos galegos, as actividades que se realizan neles e o valor que teñen para a cultura e patrimonio marítimo de Galicia. Durante a presentación a conselleira do Mar, Rosa Quintana, estivo acompa&ntil

Rosa Quintana repartiu exemplares aos nenos e nenas do CEIP de Carnota que despois foron firmados polo seu autor, Pepe Carreiro. O novo libro da colección Os Bolechas foi presentado no CEIP de Carnota, que resulta ser un dos beneficiados do plan de mellora de bibliotecas escolares da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. A presentación coincide coas actividades que está a desenvolver o concello carnotán para o fomento da lectura baixo o lema Marzo, mes da poesía, realizadas con motivo do Día Internacional da Poesía, proclamado pola UNESCO o 21 de marzo.

A publicación conta cunha tirada de 10.000 exemplares que constan de 32 páxinas a cor, con grandes ilustracións para os nenos e un formato cómodo para a lectura, co obxectivo de que saiban cómo é un porto e de fomentar a literatura infantil. O libro, publicado pola Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia distribuirase nas bibliotecas de colexios de infantil e primaria, escolas, e outros organismos. Os Bolechas queren saber como é un porto” repartirase en preto de 800 colexios de educación infantil.

Durante o acto de presentación, Rosa Quintana tamén participou da man do CEIP de Carnota nunha iniciativa de fomento da lectura explicando por que é importante ler e facendo unha proposta de lectura.

Sociedade