Os Bolechas van a Allariz

Os Bolechas van a Allariz

20 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O Concello de Allariz, a Asociación Xan de Arzúa e a Libraría Aira das Letras organizan mañá a presentación dunha nova edición do libro "Os Bolechas" de Pepe Carreiro: "Os Bolechas van a Allariz". O acto desenvolverase no Salón de Plenos do Concello de Allariz ás 12:30 da mañá.

Á presentación asistirán a concelleira de Cultura, Teresa Devesa, o presidente da Asociación Xan de Arzúa, José Luis Quintana Presidente da Asociación Xan de Arzúa e Margarita Fernández Lorenzo da libraría Aira. Os tres acompañarán a Pepe Carreiro, o autor deste éxito editorial galego e a Carlos Marínez, xestor cultural “Os Bolechas”.

Cultura