Os bombeiros vixiarán o Teatro Jofre

Os bombeiros vixiarán o Teatro Jofre

29 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O teatro Jofre de Ferrol reabrirá as súas portas mañá tras dúas semanas pechado ao público pola caída do pano contralumes. Así o anunciou a concelleira de Cultura, Mercedes Carbajales, que asegurou que o teatro ofrece «plenas garantías de seguridade». Carbajales, acompañada polo asesor cultural, Roberto Taboada, deu a coñecer o informe técnico elaborado pola empresa catalá Escénica Tea3, no que

 Por este motivo, indicou a edila, o goberno local poñerá en marcha un protocolo de actuación en cada evento coa finalidade de «minimizar calquera posible incidente». A falta de pano será suplida cunha medida de seguridade «activa», que consistirá na presenza de efectivos do corpo de bombeiros en todos os espectáculos que se celebren durante os próximos meses. Ata o próximo mes de xullo, cando finalicen as actuacións programadas, o pano contralumes quedará suxeito na parte superior da estrutura. Será en agosto, durante o parón vacacional, cando o Concello materialice a solución; ben sexa a reparación do actual ou a construción dun novo en función das normas vixentes contra incendios. Non obstante, Carbajales indicou que «con carácter de urxencia se dotará dunha partida para a reparación ou construción dun novo pano» aínda que, engadiu, «primeiro haberá que coñecer os presupostos para as dúas opcións» e, posteriormente, poñelo en coñecemento dos grupos para decidir «conxuntamente» unha solución.

Cultura