Os calores do Ribeiro

Os calores do Ribeiro

30 de Xuño, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

As altas temperaturas non empañarán a celebración da Feira do Viño do Ribeiro que este venres 1 de xullo comeza en Ribadavia (Ourense). A organización espera recibir a 10.000 visitantes cun programa que arrincará ás sete da tarde coa inauguración oficial no recinto feiral da Alameda. O profesor da Universidade de Santiago de Compostela Manuel Gago pronunciará o pregón inaugural.

O grupo Marful actuará ás 23,30 horas no Auditorio do Castelo nunha xonrada na que tamén se realizará a cata popular, unha iniciativa dirixida ao público en xeral, que é o que cata a cegas e premia aos mellores viños, segundo o seu criterio. Tanto o sábado como o domingo haberá maridaxes do viño do Ribeiro con distintos productos galegos. As actividades rematarán o domingo a partir das seis da tarde coa actuación do grupo musical tradicional de Ponteareas “Volta e Dalle”.

Cultura