Os candidatos á alcaldía de Fene, en debate

Os candidatos á alcaldía de Fene, en debate

19 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os catro candidatos á alcaldía de Fene participaron esta mañá nun debate en Radio Fene. Unha Fenestra especial con catro convidados de excepción: Iván Puentes, Juventino Trigo, Gumersindo Galego e Mª Carmen Martínez, que expuxeron as suas propostas, en temas económicos, sociais e culturais para gobernar Fene dende o 22 de maio.Ofrecemos nesta páxina unha ligazón para escoitar o debate na sua totalidade.

A Campaña electoral dá os últimos pasos. Queda dia e medio para o final. En Fene as catro candidaturas apuran o reparto de propaganda nas ultimas casas para esta tarde pronunciar os ultimos mitines parroquias. Mañán celebrarán o fin de campaña con festas, cando menos así o farán o PSOE no local Ababol; o PP na pista de Fonte do Campo despois dun mitin na Casa da Cultura, e o BNG terá o fin de festa na Praza do Concello, coa participación anunciada do deputado Francisco Jorquera. Comida e musica non faltarán nestas citas. O domingo dia 22 de maio, os protagonistas serán os veciños e veciñas, que terán a ultima palabra cos seus votos.

Coñecemos os actos das candidaturas hoxe en Fene:

PSOE- asistirán ao mitin no que participa o presidente do goberno de España, José Luis Rodríguez Zapatero, en A Coruña. Palacio de Exposicións e Congresos Palexco.

 

BNG-  San Marcos. 7,30 da tarde.  Falarán Digna Faraldo, Xosé Antonio García, Rita Couto, Manuel Polo e Juventino Trigo.

 

PP- Maniños. No local de AETNA , ás 7,30. Falará Gumersindo Galego.

 

Sociedade