Os candidatos de Fene, ultiman o reparto porta a porta.

Os candidatos de Fene, ultiman o reparto porta a porta.

18 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os candidatos á alcaldía de Fene debatirán os seus programas electorais o xoves 19 de maio en Radio Fene. Emitirase en directo ás 11. 00 e en diferido, ás 14.00 horas. Os catro apuran esta tarde os mítines e o reparto de propaganda porta a porta. O venres, PSOE, BNG e PP rematan a campaña con sendas festas organizadas pola mocidade. A que sigue é a axenda prevista para hoxe.

PSOE

Hoxe os socialistas protagonizan un acto en San Valentín no local do Centro de Promoción Social, ás 8,30 da tarde. Intervirán o candidato á alcaldía Iván Puentes, e a candidata nº 3, Amalia García.
Entre as novas ideas de futuro, Iván Puentes prometeu en Barallobre o venres que queren ampliar o cemiterio municipal, diante da demanda de nichos existente.

BNG

O candidato Juventino Trigo intervén nun acto no local veciñal de Limodre ás 7,30 da tarde. Intervirán con el os candidatos-as, Ana Santiago, Justo Martínez, Xavier Riveiro e Manuel Polo. O numero tres da candidatura nacionalista poñía en alerta onte nun mitin en Maniños da intención da Xunta do PP de pechar os centros dos casais, Limodre e Sillobre. Afirmaba que se encontrarán de frente co Bloque. Defendeu Manuel Polo non só o seu mantenemento senón a mellora dos servicios que prestan.

PP

Os populares fan doblete esta tarde cunha charla en Sillobre ás 7 para falar da Lei de Augas e outros aspectos do programa electoral. Ás 8,30 fará o propio, Gumersindo Galego, noutro acto na Liga de Amigos de Barallobre. Foi a segunda ocasión en que a Conselleira de Sanidade, Pilar Farjas, intervéu na campaña dos populares de Fene, en Perlío.

EU
O Círculo de Perlío acolle esta tarde un mitin de EU. Intervirán os candidatos, César Castro, Eloi Gárate, Pilar Rodriguez e á candidata á alcaldía, Mª Carmen Martínez. Ás 8 en Perlío. Por San Valentín pasaron os candidatos de EU esta fin de semana para recalcar, entre outras cousas, que eles son cercanos aos cidadáns aos que tratan de tú a tú. “sempre que vaiades ao concello seredes atendidos” manifestaba Mari Carmen Martínez en San Valentín.

DEBATE

Os catro candidatos de Fene á alcaldía participan mañán nun debate en Radio Fene, dende as 11 da mañá. Iván Puentes, Juventino Trigo, Gumersindo Galego e Mª Carmen Martínez, exporán as suas propostas, cara a car, ÁS 11.00 HORAS en directo e ás 14.00 horas en diferido.

Sociedade