Os carballos de Menáncaro seguirán cumplindo anos

Os carballos de Menáncaro seguirán cumplindo anos

11 de Decembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os veciños de Menáncaro non verán desaparecer o patrimonio natural que teñen ao seu redor. Dous anos de loita, trámites, recursos e alegacións, protestas e denuncias puxeron fin ao Plan de Sectorización de Menáncaro, aprobado polo goberno municipal en 2007, que preveía a construcción de 69 chalets de luxo e un hotel no corazón da fraga. O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia pronunciouse o pasado día 5 ditando unha sen

Aínda que a Fraga de Menáncaro xa estaba en trámites de protección definitiva, pola acción e perseveranza da Comunidade Menáncaro, as entidades ecoloxistas [ADEGA, SGHN e VERDEGAIA] e a do Colectivo Ártabra 21, así como por vontade política do grupo que goberna no Concello de Ferrol [PSOE] co apoio dos grupos municipais do BNG e EU, esta sentenza ven reforzar o obxectivo do Movimento Ecoloxista de protección integral da Fraga de Menáncaro.

O Plano anulado polo TSXG fora aprobado en abril do ano 2007 nun polémico pleno no que o daquela Alcalde, o popular Juan Juncal, impediu o acceso ao mesmo dos representantes veciñais e ecoloxistas. O goberno municipal aprobara finalmente o plano en contra dos informes de diferentes Direccións Xerais da Xunta de Galicia, e da propia normativa urbanística do Concello,  da Xunta (Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia) e do disposto no Catálogo Municipal de Bens Protexidos.

A Fraga de Menáncaro está situada no val do río Aneiros ou río da Sardiña, na parroquia de Serantes, e conforma un habitat natural de máis de 10 hectáreas de superficie. É unha das poucas manchas de bosque autóctono que se conserva no concello, xunto coa Fraga de Monte Fontelo (A Graña), Fraga da Pega e da Casa do Monte (Leixa) e o Acibreiral das Forxas (Covas), espazos naturais que tamén se deberían conservar e protexer. Un dos feitos que fai de Menáncaro unha zona cunha carballeira singular é a presencia de individuos centenarios de porte excepcional, base dun bosque maduro e de gran biodiversidade.

O habitat natural de Menáncaro, a protexer, está formado por un bosque ripario que ocupa as marxes do río, unha zona da carballeira que se imbrica coa aliseda riparia e zonas de prado húmido nas marxes do bosque ripario.
O seu bosque ripario de grande singularidade e valor foi parcialmente talado, de forma ilegal, por dúas veces: a primeira en 2001, pola agora empresa promotora da urbanización SAT Agropino, de Amando Romero Castrillón; e a segunda por unha actuación de Fenosa, empresa coa que se chegou a un acordo para que fixera unha serie de actuacións, que xa están en marcha, para preservar a Fraga no seu conxunto.

O Movimento Ecoloxista de Proteccion integral da Fraga de Menáncaro ven realizando dende hai case quince anos, actuacións co obxecto da protección da Fraga, denunciando actuacións ilegais, como vertedoiros incontrolados, apertura de camiños, talas ilegais ou verteduras de entullos.

Sociedade