ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os Centros de Saúde de Galicia comezaron esta mañá a aplicar a vacina contra a gripe A (H1N1) a uns 600.000 cidadáns incluidos nos grupos de risco. Nos vindeiros 15 dias espérase o pico máis alto de incidencia desta doenza na comunidade.
O director do Centro de Saúde de Fene Francisco Malvar lembrou en Radiofusión a efectividade da vacina contra a gripe común. Deu moi bo resultado e sobre todo na xente maior, diminuiu a patoloxia respiratoria. A vacina aplícase unicamente aos grupos de risco. A poboación diana inclue a profesores, traballadores sanitarios, policias e empregados de servizos de emerxencia e pacientes inmunodeprimidos. Recoméndase igualmente ás persoas con doenzas respiratorias e as embarazadas, ainda que estas deberán agardar por unhas doses especiais.