Os cincuenta concertos da banda da Loba

Cincuenta concertos da banda da Loba
07 de Xaneiro, 2019 - 11:27 h. | Publicada por Radio Fene

Máis de cincuenta concertos leva ofrecido A Banda da Loba nos últimos doce meses. “Non puido ser mellor a acollida do noso primeiro disco, tanto en número de actuacións como no agarimo do público” salienta Xiana Lastra. En decembro de 2017 editaron o seu traballo “Bailando  as rúas”  e no espectáculo incluen novos temas. “A nosa idea é no mes de agosto meternos no estudo e sacar un novo traballo en decembro deste ano” afirma Xiana.

ESCOITA O PODCAST:
Xiana Lastra en Radio Fene Radiofusión

“Témoslle moita admiración a Alfonso Zarauza, un dos pesos pesados do cine galego, e dirixiunos o noso primeiro videoclip de Bailando as rúas”. A banda da Loba é unha formación integrada por cinco mulleres -Andrea Porto, Inés Mirás, Marcela Porto, Estela Rodríguez e Xiana Lastra- que decidiron unir as súas voces nun proxecto común.

Cultura

Publica o teu comentario agora