Os cracks do hockey

Os cracks do hockey

21 de Maio, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

O alcalde de Ordes, Manuel Regos, recibía na Casa do Concello, ao equipo de benxamíns da A.C. Órdenes, que a pasada fin de semana se proclamaban campións da liga de hockey. Regos quixo felicitar de primeira man a estes pequenos deportistas a quen lles deu a noraboa polo seu logro no acto que se celebrou no salón de plenos do Concello, e ao que asistiron tamén os entrenadores dos rapaces, así como a xunta directiva do clube e familiares dos xogadores, ademais

O alcalde animou aos pequenos a que sigan practicando deporte, así como mostrou tamén o apoio do Concello ao deporte de base. Regos entregou aos pequenos un agasallo do Concello, así como unha placa conmemorativa á directiva do clube, que se mostrou moi agradecida co Concello polo apoio recibido en todo momento. Como broche final do acto, fíxose unha foto de familia á entrada do Concello.

Sociedade