Os creadores do rural reivindican o seu modo de vida cun novo movemento artístico

Os creadores do rural reivindican o seu modo de vida cun novo movemento artístico

25 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

“Os artistas que viven fóra das cidades atópanse con máis dificultades para dar a coñecer o seu traballo”, asegura Luis Campos, un dos integrantes do Rurealismo. Tal como o seu nome indica, esta nova corrente artística reivindica o rural como escenario para a vida e a creación artística. Xunto con Campos, Manuel Vilaverde, Xosé Tosar e Fran Ameixeiras crearon este movemento que se presenta ao público cu

A defensa do entorno natural é o principal trazo característico do Rurealismo. “Cremos no respecto á natureza e na loita contra os elementos que a agriden”, explicou Luis Campos a Radiofusiòn, apuntando ao “capitalismo voraz” como un deses factores que atacan ao medio. Ata ao de agora, o núcleo deste grupo está formado por pintores e escultores, pero agardan sumar apoios noutras disciplinas. “Estamos abertos a músicos, escritores ou calquera outro artista", apuntou Manuel Vilaverde.

A primeira mostra do movemento rurealista exponse ao público no Teatro Principal da Estrada ata o 30 deste mes de decembro.

Cultura