Os criterios dos árbitros

Os criterios dos árbitros
08 de Outubro, 2018 - 12:40 h. | Publicada por Radio Fene

Narón 1 – 0 Maniños. “Un partido equilibrado entre dous equipos da Primeira Galicia de fútbol, que nos coñecíamos bastante ben, eles son xustos vencedores porque souberon ler o encontro mellor que nós”  afirma o adestrador do Maniños Pablo Mesa. “Tentamos ter máis o balón pero eles chegan coa ocasión máis clara, e nós non reaccionamos adecuadamente cando eles se quedan con dez xogadores”  apunta o técnico.

ESCOITA O PODCAST:
Narón 1 - 0 Maniños

O gol chegou no minuto 77, cando o Narón contaba cun xogador menos por doble cartón amarelo. Pero o Narón executou cambios decisivos, para Mesa. O mister queixase do labor arbitral e da ausencia de criterios homoxéneos para sacar cartóns: “Xa van varias semanas nas que non se utiliza o mesmo criterio para os diferentes equipos, a mín gústanme os arbitraxes que deixan xogar e permiten o contacto, pero necesitamos un nivel igual para todos os equipos” conclue o adestrador.

 

Deportes

Publica o teu comentario agora