Os Dúplex de Esteiro,14 anos apostando polo cine clásico e de autor

Os Dúplex de Esteiro,14 anos apostando polo cine clásico e de autor

07 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os Cines Dúplex de Esteiro cumpren o seu décimo cuarto aniversario e celébranno o venres 15 de xaneiro cunha sesión dobre ao prezo dunha. Aínda non están decididas as proxeccións pero se barallan títulos como “El erizo”, “El baile de la victoria” ou “Celda 211” no que podemos ver ao galego Luis Tosar. Un cine pequeno que aposta polo cinema europeo e o independente afastándose do circuíto c

As salas de Esteiro contan cun público minoritario que agradece este tipo de proxeccións. Cinéfilos de 35 anos para arriba con interese polo cine clásico e que gustan de velo en pantalla grande. O Ciclo Outono de Cine que se desenvolveu nesta sala nos tres últimos meses do 2009 foi unha aposta por este tipo de películas. Segundo un dos propietarios dos cines de Esteiro, Juan Antonio Alvárez, tampouco se pode esquecer o interesere por ofrecer curtas e deixar oco aos realizadores noveis.

Os Dúplex son un negocio familiar nacido o 14 de xaneiro de 1996 polo amor ao mundo da sétima arte do pai de Álvarez e do seu tío. Asemade era unha boa oportunidade nese momento ante o peche de numerosas salas da cidade.

Desde este recuncho de Esteiro aguantan a presión dos multicines programando unha oferta diferente e apostando por frescas e renovadoras propostas. Un traballo recompensado polos numerosos e-mails agradecendo a variedade e a novidade dos filmes. Incluso contan con público de A Coruña buscando a variedade e a orixininalidade, o selo de identidade dos Dúplex.

Sociedade