Os de Maniños mataron a besta, ...

Os de Maniños mataron a besta, ...

24 de Agosto, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"Os de Maniños mataron a besta, en Barallobre comeronna fresca, os de Boado mandaron recado, ...". Comezaba así unha canción tradcional que se cantaba nos anos trinta nesta parroquia de Fene. Hoxe domingo vintecatro de agosto, celebra a tradicional romería do Pote. As nove da noite actuará Milladoiro e logo pecharáse a xornada cunha verbena arrufada polo Combo Dominicano.

A primeira romería do Pote celebrouse o 17 de setembro de 1933, tendo como particularidade o seu carácter laico, ao non estar adicada a nengún santo. Naquela ocasión actuou o Coro Toxos e Froles de Ferrol, que inaugurou o palco do campo da festa de Maniños (Fene A Coruña). Máis tarde a comitiva trasladouse á casa do doutor Borrás, onde se izou a bandeira republicana e se lle ofreceu unha recepción aos membros da agrupación coral. Nos anos 60 achegábase ao Pote xente de toda a provincia da Coruña e de Lugo. Calcúlanse en 20.000 as persoas que participaban dun ou doutro xeito cada ano nesta romería.

Sociedade