Os de Maniños mataron a besta,...

Os de Maniños mataron a besta,...
23 de Novembro, 2019 - 12:01 h. | Publicada por Radio Fene

"Os de Maniños mataron a besta, en Barallobre coméronna fresca,...". Comezaba dese xeito unha canción popular nos anos trinta do século vinte. Non cantarán esa peza, os xobadores do Maniños e o Barallobre que se enfrontan este sábado. Ningún dos dous equipos se xoga nada na clasificación da Segunda Galicia de fútbol,  pero o partido ten o aliciente da rivalidade local. Xogarase ás catro e media da tarde no campo do Pote de Maniños. Pitará o arbitro Ruben Díaz.  É o último partido da fase e o Maniños pelexará desde o oito de decembro no grupo polo título. O Barallobre xogará no grupo B.

O adestrador do Maniños Pablo Mesa pensa xa na próxima fase que será unha competición moi esixente. Por iso enfocará o partido coa intención de recuperar xogadores. O técnico do Barallobre Óscar Varela quere darlle á volta á situación negativa que o equipo padece nos últimos partidos. O equipo do Ramo quere centrarse xa na segunda fase. O derbi do sábado será un partido máis, para o adestrador
O Pote recibe ao Meirás en Maniños o domingo ás doce e cuarto da mañá. Arbitra o colexiado Daniel Fernández.  
O Perlío visita ao Galicia de Mugardos B no campo da Pedreira tamén o domingo as catro e media da tarde. Dirixirá o encontro Raúl Acebo. O equipo dos Pinares non afrontará o partido relaxado, pero é certo que non haberá tanta tensión como nos últimos partidos. O míster Chechu Piñeiro quere seguir preparándose para a seguinte fase e darlle minutos á xente que xogou menos.
O Perlío, Cultural Maniños e O Pote clasificáronse para o grupo que loitará polo título da Segunda Galicia de fútbol. A competición comezará o oito de decembro.

Deportes

Publica o teu comentario agora