Os enfermos mentais solicitan que se integren as súas doenzas na atención primaria

Os enfermos mentais solicitan que se integren as súas doenzas na atención primaria

09 de Outubro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Un 15% da poboación padece algún trastorno mental ao longo da súa vida e e un 3% dos adultos sofre unha enfermidade psicolóxica grave que dificulta intensamente as súas relacións persoais, o seu acceso ao emprego ou a súa capacidade para vivir autonomamente. Porén, o estudos demostran que a intervención temperá non só contribúe á recuperación rápida e completa destas patoloxías, senón que

Baixo o lema Saúde mental ao alcance de todos pretendese pór de manifesto a necesidade de mellorar a resposta da Sanidade Pública ante as enfermidades psicolóxicas. A principal reivindicación pasa por integrar a saúde mental na Atención Primaria. O presidente da Federación de Asociacións de Familiares e Enfermos Mentais de Galicia, Xosé Ramón Girón, explicou en Radiofusiòn que, deste xeito, a atención sería máis rápida, sinxela e completa.

A eliminación dos estigmas sociais e culturais que continúan arraigados arredor das enfermidades mentais é outro dos obxectivos da conmemoración do 10 de outubro. Para rachalos piden a colaboración dos medios de comunicación, advertindo da necesidade de informar sobre estas patoloxías eliminando todo tipo de prexuízos.

Sociedade