Os escaparates de Fene vístense de primavera

Os escaparates de Fene vístense de primavera

23 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Oito    comercios  do  Concello de Fene participan no Concurso de escaparates de primavera, convocado para incentivar as compras no comercio local. Despois do éxito acadado co concurso de escaparatimo no Nadal, agora chega o da primavera.  Os escaparates amosaránse durante toda esta semana , do luns 23 ao venres 27 de abril, ata que un xurado especializado dea o seu veredicto. Dos obxectivos do concurso fálanos o concelleiro fenés de Promoci&oa

Parafarmacia de Fene; Opticas do Noroeste, Lencería Gena; pastelería Martinez, Moda Fene, Tenda Agasallos; Perfumería Dama e Refaixo, a tenda gañadora do concurso de escaparates no Nadal;  son os comercios participantes nesta ocasión. O xurado presidido por un profesional do sector, Antonio Candamio, complétase con duas profesionais da comunicación como son Xulia Díaz e Antonia Núñez.

O premio consistirá na estancia nun hotel con encanto para duas persoas. O comercio gañador recibirá o premio de mans do presidente da deputación da Coruña, Diego Calvo, no I Salón do Comercio fenés e das oportunidades que se celebra o próximo  domingo 29 no pavillón A Xunqueira de San Valentín.

Sociedade