Os escolares achéganse ao galego a través do cine

Os escolares achéganse ao galego a través do cine

23 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Unha nova edición do ciclo de cine En galego, de película ponse en marcha en Ferrol. O ciclo arrinca este luns, 28 de setembro grazas a colaboración do concello e á coordinadora de equipos de normalizaciónn lingüística. As películas que se proxectarán nesta edición son tres para os distintos niveis educativos: Infantil, Primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos. En cada sesión haberá dous pases, ás dez menos cu

2.200 alumnos e alumnas dos centros educativos de Ferrol e comarca participarán nesta iniciativa. Este ciclo ofrece aos máis novos unha situación ou contexto habitual do seu "Mundo", fóra da escola, galeguizado.O Concelleiro de Normalización Lingüística de Ferrol, Manuel Santiago, sinalou que non só é un entretemento para os máis novos. É unha forma de achegar a través dunha acción lúdica, dende o galego e en galego, a unha das formas de expresión cultural dun pobo, o cine, permitíndolles reflexionar sobre a realidade.

Este luns 28 de setembro comezan as proxeccións coa película para os escolares máis pequenos, "Pérez, o ratiño dos teus soños II". Este mesmo filme pasarase o martes 29. "Un amor por descubrir" dirixida a alumnos de último ciclo de primaria e primeiro da ESO pásase o mércores 30 de setembro eo xoves 1 de outubro. O ciclo remata con "Pradolongo" para os escolares máis maiores. Esta longa pódese ver o mércores, o xoves e o venres da vindeira semana.

Cultura