Os escolares coñecen de perto a xestión da auga e os residuos

Os escolares coñecen de perto a xestión da auga e os residuos

22 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

A concellería de Medio Ambiente de Ordes programou un calendario de visitas á ETAP (Estación de Tratamento de Auga Potable), á EDAR (Estación Depuradora de Auga Residual) e ó Punto Limpo do Concello de Ordes para escolares do municipio.

Os primeiros en visitar estas instalacións a semana pasada foron os alumnos do IES Nº 1. Este luns máis de medio cento de alumnos do IES Maruxa Mallo visitaron as mesmas instalacións e deron comenzo a unha serie de visitas que rematarán unha vez que tódolos alumnos do centro comproben in situ o funcionamento das dúas estacións e do punto limpo.

A explicación do funcionamento das diferentes instalacións municipais corre a cargo dos responsables das empresas concesionarias de augas e residuos, Espina&Delfin e SOL, respectivamente.  

Segundo palabras do concelleiro de Medio Ambiente, Jesús Pedreira, "con esta actividade o que se pretende é poñer a disposición de tódolos centros escolares que estean interesados en visitar as ETAP, EDAR e o Punto Limpo do concello, as súas instalacións. Deste xeito poderán coñecer de primeira man a xestión da auga e de parte dos residuos na nosa vila, aspecto que nos plantexan un dos maiores retos dentro da política medio ambiental que promovemos dende esta concellería para poder facilitarlle aos nosos veciños un servizo de xestión de auga e residuos de total calidade."

Sociedade