Os escolares estudan a obra de Ramón Piñeiro

Os escolares estudan a obra de Ramón Piñeiro

06 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

A Coordinadora de Equipos de Normalización Ligüística dos centros escolares en colaboración coa Concellaría de Normalización presentou a unidade didáctica das Letras Galegas deste ano dedicado a Ramón Piñeiro. Este é o décimo ano que se leva a cabo unha unidade didáctica para traballaren con ela os alumnos e alumnas dos colexios e institutos de Redondela.

Como en anos anteriores fíxose unha unidade para o alumnado de ensino infantil e primario, con apartados adaptados ás distintas etapas de estudo e outra para o alumnado de ensino secundario que está nas aulas dos institutos.Estas unidades didácticas están adaptadas á nosa realidade e ao noso contorno, para que con elas o alumnado poda conmemorar, como todos os anos, as Letras galegas, acto que se leva a cabo no noso país desde 1963.

 

Ademais de recordar a relevancia que teñen para todos nós as Letras Galegas os rapaces e rapazas de Redondela coñecerán a Ramón Piñeiro; a súa obra literaria e a súa vida; o seu traballo como militante galeguista desde a xuventude, na clandestinidade, após a Guerra Civil e durante a ditadura; na creación e desenvolvemento da Editorial Galaxia; a súa relación con  Castelao, Otero Pedayo, Ánxel Fole e outras personalidades da literatura, da política ou da idiosincrasia do noso país

Cultura