Os estaleiros da ría de Ferrol volven á carga.

Os estaleiros da ría de Ferrol volven á carga.

31 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O sector naval reaviva as movilización neste mes de febreiro, cunha próxima cita na Coruña, os dias 7,8 e 9 de febreiro. Os traballadores confluíron en Esteiro e marcharon xuntos esta mañá en dirección á Praza de Armas. Representantes dos comités de empresa entrevistáronse co alcalde, José Manuel Rey Varela, mentras abaixo se producía algún enfronttamento coa policía local, que non pasou a maiores.

Ás 10.30 saíron a pé en dirección a Esteiro os traballadores de Navantia Fene. Alí confluíron cos do estaleiro ferrolán e xuntos se dirixiron á praza de Armas onde os comités foron recibidos polo alcalde de Ferrol, José Manuel Rei. No momento da partida, nas Pías, o presidente do comité da antiga Astano, Jorge Prieto, manifestaba a Radio Fene que “ xa non hai excusas” por parte do PP para retrasar a construcción do dique flotante que dea un respiro á falta de carga de traballo nos estaleiros da ría.

Ao alcalde de Ferrol transmitíronlle que xa pasou o tempo das promesas e que hai que tomar decisións, en canto á construcción do dique flotante e en relación cos novos contratos que precisan con urxencia. Mentras uns falabas, os traballadores mantiñan un rifi-rafe coa policía local que tentou desaloxalos do pazo municipal .

As movilizacións reanúdanse e a próxima semana trasládanse á Coruña. Delegados sindicais dos dous estaleiros marcharán a pé os dias  7, 8 e 9 en dirección á cidade herculina para entrevistarse co Delegado do Goberno en Galicia.  

Sociedade