Os Fogares Verdes afórranlle danos ao peto e ao medio ambiente

Os Fogares Verdes afórranlle danos ao peto e ao medio ambiente

19 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Son tempos de crise, non só na economía, senón tamén para o medioambiente, sobre o que os nosos hábitos de consumo provocan unha tensión inaturable. Solucións de aforro para estes dous problemas, contendo o noso gasto en auga e enerxia, o que permite aforrar cartos e tamén agredir menos a nosa contorna, propuxéronse no programa Fogares Verdes, coordenado pola asociación ecoloxista Adega. Os obxectivos de redución de consumo e

Os 50 fogares compostelanos participantes no programa de educación ambiental Fogares Verdes, reduciron o pasado ano un 14,57 por cento o seu consumo en auga e un 24,13 a emisión de CO2 á atmosfera. Fixérono con accións como a colocación de lámpadas de baixo consumo, adquisición de aparellos de categoría enerxética alta, difusores de auga e redutores de caudal ou o uso do caldeiro de auga que conserva a que pode ser reutilizada. Agora esas prácticas quérense espallar mediante a creación dunha rede galega de Fogares Verdes.

Na experiencia tratáronse asuntos como o uso responsable da calefación, o tratamento axeitado do lixo ou o “consumo pantasma”. Chámaselle así a todo o gasto que non dá servizo, como o deixar a televisión en ‘stand-by’ ou manter conectados aparellos como unha impresora que só usamos moi de cando en vez. A suma do consumo deses electrodomésticos no tempo que non os empregamos pode supor entre o 5 e o 10 por cento do consumo eléctrico do fogar. Por iso, dende Adega queren deixar claro que “un pouquiño suma moito”.

Sociedade