Os funcionarios non cobrarán a paga de Nadal e o IVA sobe ao 21%

Os funcionarios non cobrarán a paga de Nadal e o IVA sobe ao 21%

11 de Xullo, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

Os funcionarios e empregados públicos non cobrarán a paga extra de Nadal, e o tipo xeral do IVA subirá do 18 ao 21% segundo anunciou esta mañá o presidente do Goberno Mariano Rajoy no Congreso dos Deputados. O titular do executivo indicou que se revisará o baremo e as prestacións da Lei de Dependencia. En declaracións a Radiofusión, o economista de CCOO-Galicia, Manuel Lago, afirmou que as medidas do Executivo "nos colocan nunha déca

Revisaráse o sistema das prestacións por desemprego “seguindo o exemplo dalgúns paises da Unión Europea e os novos receptores que se incorporen á prestación, veranna reducida dende o sexto mes do 60 ao 50% da base reguladora”. O tipo xeral do IVA aumentará 3 puntos do 18 ao 21%.

Fixaráse un baremo de retribucións de alcaldes e concelleiros. Reduciráse o número de concelleiros para cada municipio, por tramos de poboación. Eliminaránse empresas públicas locais, naqueles casos nos que se produza duplicación de servizos, segundo anunciou Rajoy. Para a administración, o titular do executivo indicou que se facilitará a movilidade entre os funcionarios.

Institucional