Os hórreos estiveron aí desde sempre

Os hórreos estiveron aí desde sempre

16 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Nos incendios ameázase o patrimonio natural pero tamén o arquitectónico. Entre as figuras máis identificativas da paisaxe galega figuran os hórreos. Estas construcións anexas a moitas vivendas do rural espállanse pola nosa xeografía sen que existise un catálogo polo miúdo das súas características. Agora, esa eiva subsanouse grazas a unha iniciativa particular: a da etn&oacute

Begoña e Fernando a título particular levan 15 anos pescudando hórreos por toda a comunidade e facendo un catálogo que agora se pode atopar na rede. Horreosdegalicia.com recompila parte do traballo feito por uns namorados de Galicia, como se define a autora Beatriz de la Torre.

Polo de agora, o traballo de De la Torre e Rodríguez servíu para catalogar 2.000 hórreos e non teñen plans de abandoar a súa afección pola que senten verdadeiro entusiamo. Na súa andaina investigadora atoparon dende construcións novísimas ata pezas vellas entre as que ten un lugar de seu o hórreo de Carnota. Pero Beatriz de la Torre explica que, como din os vellos, “os hórreos en Galicia estiveron aí dende sempre”.

Sociedade