ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Os hostaleiros participantes no “II Concurso de tapas”, organizado pola Concellería de Turismo do Concello de Boiro e que se enmarca no proxecto de dinamización turística do mexillón de Boiro, viaxan este luns, día 7 de febreiro, a Ribadavia. Gozarán dunha visita guiada pola zona vinícola do Ribeiro, visitarán as bodegas de Viña Costeira e poderán degustar o viño e os produtos típicos nun xanta
Por outra banda, froito do mesmo proxecto, que persegue a promoción deste molusco, o restaurante “Cocinandos”, de León, recoñecido cunha Estrela Michelín, acaba de incluír na súa carta o mexillón de Boiro. Pódense atopar máis datos sobre o prato, na páxina web www.cocinandos.com.
Tamén cómpre sinalar que o establecemento “Os Dous de Sempre” (Rúa Principal en Boiro) está poñendo dende o mércores pasado, polo mediodía e máis á noitiña , a tapa gañadora desta edición do Concurso de Tapas: un sabrosísimo Mexillón en Escabeche.