Os incendios chegan a Ferrolterra

Os incendios chegan a Ferrolterra

10 de Agosto, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os incendios chegan ata a comarca de Ferrolterra. Máis de 2000 metros cadrados de monte ardían onte no concello de Cedeira. Ata a zona tivéronse que desprazar 3 brigadas da zona e 2 motobombas que traballaron a reo durante cinco horas para dar fin ó lume que arrasou monte baixo e especies arbóreas.

Máis de 2000 metros de monte raso e arbolado arderon na parroquia de Piñeiro, no Concello de Cariño. O lume comezou ás 12 do mediodia e non se logrou apagar ata as 5 da tarde, a pesar de que desde un primeiro momento varios equipos antincendios se desprazaron ata a zona. Ata Cedeira desprezáronse tres brigadas da Xunta e 2 motobonbas que traballaron durante máis de 5 horas para que o lume non fose a máis. As temperaturas elevadas destes días e a irresponsabilidade pode estar detras deste incendio. A Xunta fai un chamamento á responsabilidade civil e pide coidado para evitar que os lumes calcinen máis montes galegos. O simple feito de guindar unha cabicha pola ventá dun coche ou acender unha barbacoa poden ser determinante para o incio dun incendio. Este lume, ademais, coincide cunha vaga de incendios que se está a desenvolver por todo o país, a pesar que polo de agora se descarta que haxa unha trama de incendios, tal como no ano 2006.

Sociedade