Os intelectuais móllanse coa fábrica de lápis de Ferrol

Os intelectuais móllanse coa fábrica de lápis de Ferrol

27 de Xaneiro, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Consello de Departamento de Historia da Arte da Facultade de Xeografía e Historia da Universidade de Santiago, 32 profesores doutores en Hria da Arte , expresaron por unanimidade, a sua máis profunda repulsa polo derribo da fábrica de lápis Hispania ubicada no barrio de Ferrol Vello, recentemente declarado Ben de Interese Cultural, na categoría de Monumento.Unhas 200 persoas arrouparon o edificio onte á tarde, na concentración convocada pola Comisi&oac

Dí o escrito que leu onte na concentración convocada diante da fáfrica, que coa sua destrucción pérdese o exemplo máis destacable da arquitectura racionalista de Ferrol, e unha peza máis do noso patrimonio industrial. Alexandre Carrodeguas encargouse de ler o comunicado dos profesores de Historia da Arte.

Escritos chegaron tamén asinados por profesores  da Escola Superior de Arquitectura da Coruña e da Facultade de Económicas de Santiago. O acto de desagravio ao que acudiron unhas 200 persoas, contou tamén coa lectura dun escrito de Antón Cortizas “A fábrica de lápis”, a cargo do poeta Karlotti.

Como portavoz da Comisión, o arquitecto Miguel Reimundez, informou da petición á Dirección Xeral de Patrimonio e ao Concello de Ferrol a inmediata paralización do derribo. Anuncióu o inicio de conversacións cos propietarios do inmoble,  a empresa Jerpu. A musica de violín, da intérprete local, Estrela, puxo o final ao acto de defensa da fábrica Hispania.

Sociedade