Os irmandiños volven ao ataque en Moeche

Os irmandiños volven ao ataque en Moeche

18 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O castelo de Moeche volve sofrir un ano máis o asalto dos irmandiños e nesta ocasión será máis protagonista, se cabe, polo innovador espectáculo lumínico que se proxectará contra os seus muros restaurados. Un grupo de teatro de Moeche será o encargado de facer o pregón desta edición.

O Festival Irmandiño, un dos máis veteráns de Galicia da Musica Folk, con 32 anos ás suas costas. celébrase este sabado dia 20 de agosto, coas actuacións de Muxarega; Leilía, Estimaba que viñeras e a banda irlandesa Alalé.

Unha mostra do traxe tradicional galego, xogos populares e unha exhibición de artes marciais completan o cartel do Irmandiño. Mañán venres xa temos actividades previas, entre as que destaca unha repichoca popular.  

Sociedade