Os lagostinos rosados da costa galega

Os lagostinos rosados da costa galega
27 de Marzo, 2019 - 12:16 h. | Publicada por Radio Fene

Os lagostinos da plataforma continental galega son máis ben rosados e ofrecen un mellor sabor, mentras que os do Grand Sole están máis esbrancuxados. Algúns afirman que son os parentes pobres e afastados das lagostas e lumbrigantes.

Lagostinos no Mercado da Magdalena en Ferrol

Os lagostinos, Nephrops norvegicus, (en castelán cigalas) camiñan polo fondo do mar, xa que non saben nadar. Linneo di que as súas niñadas están no sur de Noruega, dende onde chegan arrastrandose sobre as súas dez patas ata o banco do Grand Sole, no sur de Irlanda, o caladoiro que adiviñou Ith, fillo de Breogán, cando dende a península da Torre na Coruña marchou a fundar a verde Erín. Hai escasamente cincuenta anos que os nosos barcos practican as artes de arrastre de fondo nestas latitudes, que os lagostinos da nosa plataforma, os do día, son máis ben poucos. Os científicos dan por extinguido o lagostino dos caladoiros galegos, segundo recolle Fausto Galdo no seu Abecedario das mantenzas. (Xerais, 2012)

Sociedade

Publica o teu comentario agora