Os lectores ascenden en Galicia ao 52,4 por cento da poboación

Os lectores ascenden en Galicia ao 52,4 por cento da poboación

04 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O "Barómetro de hábitos de lectura" de 2008 que elaborou a Federación de Gremios de Editores de España (FGEE) detectou un incremento do índice de lectura no noso país, que ascendeu ao 52,4% dos maiores de 14 anos de Galiza. Este dato supón un incremento do 1,2 puntos con respecto a 2007, que coloca a Galicia por riba de Murcia, Andalucía, Castilla-La Mancha e Extremadura.

Galicia aproxímouse á media estatal de lectores, que se sitúa no 54,6% despois de que a porcentaxe de lectores en España descendese este ano nun 2,2%. Por outra parte, un 59,2% dos lectores galegos len habitualmente en galego, porcentaxe que só é superada pola dos lectores de catalán en Cataluña. O director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luís Bará, valorou estes datos, como un avance e un cambio de tendencia notable. Asimesmo, destacou a necesidade de contar con datos máis completos sobre hábitos de lectura, que permitan facer unha análise máis profunda da situación no ámbito galego. Con ese obxectivo, o Consello Asesor do Libro encargará a elaboración dun estudo sobre hábitos de lectura e compra de libros específico para a comunidade galega.
Sociedade