Os maiores de Fene non se moverán

Os maiores de Fene non se moverán

29 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os usuarios e usuarias do Centro Social de Fene pecharanse este venres, 2 de outubro, no local da Rúa Castro. Unha protesta derivada do peche da cociña, cafetería e perruquería que veñen denunciado durante todo o verán. Outra das queixas dos maiores do Centro Socio-comunitario é o peche do local durante as fins de semana. Ante as irregularidades e deficiencias que estan a sufrir comezarán unha serie de mobilizacións para facerse escoitar.

Os bailes-ceas do Centro social de maiores de Fene xa son historia. Co peche da cafetería e da cociña non poden levar a cabo estas actividades. Os usuarios acuden cos seus termos de café, auga e aperitivos da súa casa para pasar a xornada xogando ás cartas, ou compartir un rato cos amigos. Segundo unha compoñente do Comité do Centro de xubilados, Pilar Rodríguez, pecharanse este venres pola tarde-noite durante toda a fin de semana sen auga nen comida.

Moitas son persoas enfermas con alzheimer ou cancro polo que Rodríguez asegura que o sábado terá que vir unha ambulancia para asistirlles. Pero como no barco de Chanquete "non se moverán".

Os usuarios denuncian o trato por parte da directiva. "Estamos aborregados" apunta. Amósanse desfeitos ante esta situación e esgotaron a súa paciencia. Non permitirán que todo o traballo eo acadado no centro de Fene se perda pola deixadez da dirección e das autoridades responsables.

Sociedade