Os mandís van de folga

Galegas8M colgou manfís chamando á folga do dia 8 de marzo, na estatuas da cidade.
25 de Febreiro, 2019 - 10:23 h. | Publicada por Radio Fene

De Amboaxe a Ultramar, pasando pola rúa Real, o Cantón, Esteiro, o barrio do Pilar, das estatuas colgaronse os simbólicos mandís que chaman á folga das mulleres o 8 de marzo. 

Galegas 8M apuran os actos previos á manifestación do domingo 3 de marzo en Lugo e á folga do 8 de marzo. Durante a fín de semana saíron ás prazas de Ferrol para colocar mandís chamando á folga nas estatuas da cidade. O marqués de Amboaxe foi o primeiro en colocar o mandil, seguido da pequena estatua do capuchón na rúa Real ou da de Concepción Arenal en Esteiro. Os mandís chaman á folga das mulleres do 8 de marzo, folga laboral, estudantil, de coidados e consumo.

Antes do 8 de marzo, no que cada vila e cidade terá a súa manifestación,  este domingo dia 3 está convocada a manifestación nacional na cidade de Lugo. Na comarca saen autobuses á cidade das murallas dende Narón e dende Ferrol, ás 9,30 horas. Véndense nas sedes da CIG, CCOO e tamén nas librerias DAS e Galiano. As pegadas de carteis e colocación de faixas de Galegas 8M chamando á movilización e á folga reanudouse esta mesma mañá polas rúas de Ferrol e da comarca.

Sociedade

Publica o teu comentario agora