Os mariscadores de Barallobre síntense ninguneados

Os mariscadores de Barallobre síntense ninguneados

10 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Once dias van dende que os mariscadores-as da confraría de Barallobre decidisen pecharse no salón de plenos do concello de Fene. Once dias sen noticias “dela” como se refiren á Conselleira do Mar, Rosa Quintana, da que agardan un sinal. Para cobrar o que se lles adebeda; para manter a reunión suspendida no mes de marzo e para poñer presa ao saneamento da ría. Todos estes desexos están escritos nas pancartas que colgan da fachada do concello f

Continúa o encerro das mariscadoras de Barallobre na casa do concello de Fene sen avances nas ultimas horas con respecto ao cobro dos atrasos polos traballos de limpeza e rexeneración que a Consellería lles debe dende novembro. O encerro dura xa once dias. Un dos mariscadores de a flote, Manuel Varela Cabezal, deixou a garda no peche este mañán para falarnos da dramática situación económica que deben afrontar os traballadores do mar que coma el levan meses sen cobrar e sen poder facer frente ás suas obrigas, entre outras cos bancos. Ao seu fillo, por exemplo, débenlle 6000 euros.
A Xunta adebédalles 60 xornais a 82€ cada día, o quie supón unha media de 4.900 euros.
Os mariscadores síntense enganados e ninguneados pola Xunta de Galicia que suspendeu a reunión prevista no mes de marzo e non convoca outra na que participen os representantes do sector, os sindicatos e a propia consellería do mar. De seguir sen noticias, veránse obrigados, puntualizou Manuel Varela, a endurecer as suas accións.

Esta mesma mañán comunicáronlles que a última ameixa saída da batea ten toxina e nin siquera poderán sumar os escasos euros que lles reportaría. Varela declarou en Radio Fene que o da batea é un “auténtico fracaso”. A ultima ou a primeira reclamación dos mariscadores de Barallobre é, tal e como figura nalgunha pancarta colgada ás portas do concello de Fene, o saneamento da ría, porque sen iso non hai futuro para o sector.

Sociedade