Os mellores guións galegos

Semana do guión na Facultade de Ciencias da Comunicación da Coruña cos nominados aos premios Mestre Mateo 2019
28 de Marzo, 2019 - 01:13 h. | Publicada por Radio Fene

A Facultade de Ciencias da Comunicación (UDC) acolle o venres, 29 de marzo, ás 13:00 horas no salón de graos a mesa redonda “Encontros Mestre Mateo” coa participación dos guionistas Eligio R. Montero, Xacio Baño e Ángel de la Cruz, nominados ao mellor guión.

Os “Encontros Mestre Mateo” son unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual que permiten o contacto directo de profesionais nominados nalgunhas das categorías dos XVII Premios Mestre Mateo co alumnado de diferentes Centros Formativos que imparten ttulacións relacionadas co audiovisual en Galicia. O Encontro de mañá enmárcase nunha semana dedicada ao guión na que se proxectaron nesta facultade as pelicúlas nominadas nesta disciplina na pasada edición dos Mestre Mateo: Memorias dun home en pixama, Trote e A sombra da lei.

Eligio R. Montero

Comenzou a súa andaina profesional na produción e na produción executiva en “Eloy Lozano Producciones” e “Continental S.L.”. A partir de 1999 comeza a traballar como guionista profesional, primeiro en aplicacións multmedia, videoxogos, publicidade e documentais, para pasar á ficción a partr do ano 2001. En Galicia traballou en series como: “Galicia Express”, “Pequeno Hotel”, “Mareas Vivas”, “Pratos Combinados”, “Rías Baixas”, “O Show dos Tonechos”, “Dalia a modista”, “Pazo de Familia”, “Serramoura”, etc. A partir de 2007 trasládase a Madrid e comeza a traballar para series de TVE e Antena 3: “Desaparecida”, “UCO”, “Guante Blanco”, “Gran Reserva”, “Hispania”, “Gran Hotel”, “Bajo Sospecha”, “Seis Hermanas”, “Tierras Salvajes”, etc.

Xacio Baño (Na imaxe)

Produce, escribe e dirixe varias curtametraxes entre as que destacan “Ser e voltar” (2014), “Estereoscopía” (2011) e “Anacos” (2012), presentes en numerosos festivais nacionales e internacionais coma os de Clermont Ferrand, Telluride Film Festval, Mar del Plata, New directors/New Films, Festval de Las Palmas, Festival Málaga, Slamdance, Alcine, Busan Int. Short film festival, Shnit, Aspen Shortest, … “Trote”, a súa primeira longametraxe, estreouse no festival de Locarno en 2018 e acadou 5 galardóns na pasada edición dos Mestre Mateo: mellor dirección de fotografa, mellor guión, mellor interpretación feminina de reparto, mellor interpretación masculina de reparto e mellor interpretación feminina protagonista.

Ángel de la Cruz

Compaxina labores como director ou productor executvo en diversas producións audiovisuales para cine ou televisión, co seu oficio de guionista cinematográfco. Aos múltples premios internacionais conseguidos polos moitos proxectos que escribiu ou dirixiu, sumouse o Goya ao mellor guión adaptado pola cinta de animación “Engurras” (2012, Ignacio Ferreras), cuarto galardón que lle concedía a Academia de las Artes y las Ciencias Cinematográficas de España, logo de recibir os de mellor película de animación conseguidos por “O bosque animado” (2001) e “O soño dunha noite de san Xoán” (2005), ambas dirixidas por el mesmo, e a propia “Engurras” (2012). A finais de 2018 estreábase o filme “Memorias dun home en pixama” no que participou como guionista e productor.

Cultura

Publica o teu comentario agora