Os nomes das vítimas

Os nomes das vítimas

25 de Xullo, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

Un curmán e unha tia do futbolista do Deportivo da Coruña Juan Dominguez atopanse entre as vítimas mortais. Un veciño de Gandia, de orixe árabe, é un dos falecidos no accidente. Confirmouse tamén a morte de Blanca Padín, profesora de Literatura e nai do concelleiro de Converxencia XXI en Tui, Carlos Vázquez Padín. Unha veciña de Navaluenga en Ávila, de 64 anos tamén morreu no sinistro de Angrois.

O dixital Galicia Confidencial inclue os seguintes nomes das vítimas:

 

Enrique Beotas, xornalista de Ávila, galego de adopción, de 58 anos, que viaxaba a Galicia para pasar as festas do Apóstolo.

José María Romeral Escribano, párroco da localidade madrileña de Colmenar Viejo.

Rosalina Ynoa, alta funcionaria da República Dominicana, que visitaba por sorpresa a unha irmá en Compostela. Deixa catro fillos.

Elena A., garda civil de Arzúa destinada en Guadalaxara que voltaba a casa para visitar á súa familia.

Luis Manuel Rodríguez Vallejo, de 44 anos, tiña xunto a un socio un taller mecánico en Talavera de la Reina.

Un veterinario segoviano de 27 anos, con iniciais F.J.G.L.

Celtia C.P., unha rapaza de 22 anos da localidade ourensá de Xunqueira de Ambía, que ía a Santiago polas festas. Ata catorce pasaxeiros subíronse ao tren na parada que o Alvia fixo en Ourense.

Sociedade