Os novos artesáns serán os protagonistas do II Encontro de Cestaría de Allariz

Os novos artesáns serán os protagonistas do II Encontro de Cestaría de Allariz

12 de Agosto, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Santa Mariña de Augas Santas, en Allariz, acollerá este sábado e domingo o II Encontro de Cestaría dedicado este ano aos novos cesteiros que levan formándose todo o ano. O programa comeza mañá sábado ás seis da tarde cunha visita guiada de botánica e arqueoloxía. A parte botánica corre por conta dos cesteiros Idoia Cuesta e Toño González, a primeira centrarase na parte teórica e o segundo demostrar&aacut

Durante a xornada do domingo haberá obradoiros, exposición e venda. Os que se acheguen ás once da mañá poderán ver unha demostración de cestería en vivo, na que se fabricará un cabaceiro de varas, un valado, unha árbore de vimbio e unha grade de corres. Os máis pequenos poderán iniciarse no mundo da cestería ás once e media no obradoiro adicado ós máis pequenos. Todas estas actividades estarán ambientada polo grupo “Ronda Auriense”.

Santa Mariña alberga dende hai tres anos a Escola de cestaría, coa que se recupera a tradición artesanal propia da zona ao mesmo tempo que se aplica unha programación de dinamización social e económica. Ademais, nesta escola preséntase de forma permanente unha exposición de cestaría de Galicia e do Norte de Portugal cunha ampla mostra de pezas que permite a divulgación deste labor.

Sociedade